es
Books
Joan Didion

O ano do pensamento máxico

Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante acaba coa vida de Dunne. N’O ano do pensamento máxico Didion tenta buscarlle sentido ao sucedido, estudalo desde todas as perspectivas ao seu alcance para asimilalo e recompoñer corpo e alma. O resultado é un sagaz estudo do dó en que milleiros de lectores se viron –ou se verán, avisa Didion— reflectidos no transo de perder un ser querido.
190 tiskanih stranica
Objavljeno prvi puta
2022
Godina izdanja
2022
Prevoditelj
Eva Almazán
Jeste li već pročitali? Kakvo je vaše mišljenje?
👍👎
fb2epub
Povucite i ispustite datoteke (ne više od 5 odjednom)